100% solidario

En casa Grande de Xanceda cremos
nas segundas (e terceiras) oportunidades.

En casa Grande de Xanceda cremos nas segundas (e terceiras) oportunidades.

Por iso o 100% das vendas de Canhelado será doado á protectora Aloia e á asociación Bichosraros. Guauuuuu!

Cada caixa de 3 tarrinas custa 6€ e iso é o que doaremos por cada venda.

100% ecolóxico

Canhelado está feito con leite fresco das nosas vacas mooooi felices e transformada con moito agarimo nun xeado de produción ecolóxica especialmente pensado para os peludiños.

E ademais está avalado polos nosos nutricionistas caninos.

100% aprobado por Malibú

Malibú é a directora do equipo de mastíns da nosa granxa. Ela mellor que ninguén, sabe da importancia das segundas oportunidades. Malibú percorre os coles de toda Galicia co programa EduCANdo con Malibú. Así, imparte clases de tenencia responsable de animais e conciencia sobre a importancia da adopción.

Queres saber máis sobre a nosa cadeliña profesora?

Un xeado
Edición Limitada

Canhelado é un produto que só estará dispoñible durante os meses de verán e que poderás conseguir na nosa ecotenda, na nosa tenda en liña e nunha selección de tendas ecolóxicas.